A linguaxe é a ferramenta básica de comunicación para todos nós nas nosas relacións tanto persoais como profesionais. Alén disto, a linguaxe de especialidade, como é o caso da lingua do dereito, é unha peza fundamental de rigorosa exactitude e precisión no desempeño profesional. O estatus particular da linguaxe no eido xurídico debe ir acompañado necesariamente dunhas competencias -oral e escrita- capaces de superar con éxito as situacións comunicativas propias deste ámbito. Con este fin, este servizo procura prestarlles un apoio sólido aos letrados e letradas no emprego da lingua galega e contribuír, á vez, a asentar e potenciar o seu uso normal na procura da plena reincorporación á vida oficial.