Servicio de Orientación Xurídica (SOX)

O Servizo de Orientación Xurídica (SOX) do Colexio de Avogados de Santiago foi creado coa finalidade de asistir e asesorar a todos aqueles cidadáns que teñen dereito ao beneficio de Asistencia Xurídica Gratuíta (AXG), segundo o establecido na Lei 1/96 do 10 de xaneiro e polo Decreto 146/97 do 22 de maio, polo que se aproba o regulamento de asistencia xurídica gratuíta da CCAA de Galicia.

Este Servizo de Orientación Xurídica é atendido polo persoal administrativo do Colexio.

As súas funcións son:

  • Informar aos/ás solicitantes da documentación e requisitos necesarios para poder solicitar o dito beneficio.
  • Recollida da solicitude e documentación.
  • Asesoramento ao/á solicitante para facilitarlle a tarefa de cubrir o formulario de solicitude.
  • Comprobar que a solicitude cumpre os requisitos esixidos pola lei.
  • Finalmente, se a pretensión é viable, o/a solicitante cumpre todos os requisitos esixidos e a comisión informa favorablemente, designarase un/unha avogado/a provisionalmente e remitirase o expediente á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta para a súa aprobación definitiva.

Trámites que se deben seguir:

  • Entrega da solicitude e documentación requiridas.
  • Entrevista cos letrados do SOX.
  • Designación provisional de letrado ou denegación.
  • Remisión do expediente á Comisión Provincial (AXG).
  • Recoñecemento do beneficio de asistencia xurídica gratuíta pola Comisión Provincial ou denegación.
  • No caso de denegación pódese recorrer no prazo de 5 días ante a dita Comisión Provincial.

Documentación e requisitos esixidos:

a) Requisitos Económicos.

  • Ter uns ingresos brutos anuais inferiores á cantidade de 14.400,00 €/año cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar
  • Ter uns ingresos brutos anuais inferiores á cantidade de 18.000,00 €/año cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros
  • Ter uns ingresos brutos anuais inferiores á cantidade de 21.600,00 €/año cando se trate de unidades familiares integradas por catro o mais membros

b) Documentos que se deben acompañar á solicitude de Asistencia Xurídica Gratuita.

  • Fotocopia da declaración da renda do último ano ou, de ser o caso, certificación negativa acreditativa que expide a Delegación de Facenda.
  • Certificación de Facenda sobre a Declaración do Patrimonio.
  • Certificación do Concello do Catastro.
  • Certificación do Concello do Imposto de Actividades Económicas (IAE).
  • Fotocopia do recibo de aluger.
  • Fotocopia do libro de familia
  • Nómina do último mes ou certificación do INEM acreditativa de estar en situación de desemprego ou de percepción de prestacións, de ser o caso.
  • No caso de pensionistas, certificación do INSS das prestacións que percibe.
  • Declaración xurada de ingresos (en caso de non ter nómina).
  • Informe de Vida Laboral que expide a Tesourería da Seguridade Social.
  • Sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador, en caso de que solicite avogado/a para o divorcio ou separación.
  • Fotocopia do DNI.

Horarios:

  • Entrega de solicitudes: de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

Teléfono: 981 581 713

 

ASISTENCIA XURÍDICA GRATUITA

SERVIZO DE ORIENTACIÓN XURÍDICA DO ILUSTRE COLEXIO DA AVOGACÍA DE SANTIAGO

  • R/ Eduardo Pondal, 4 bajo
  • Teléfono: 981 581 713
  • Santiago de Compostela