1. Información xeral
icasantiago.org é un dominio de internet de titularidade do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela (CIF: Q-1563003-A), con domicilio en R/ Eduardo Pondal nº 4 Baixo; 15702 Santiago de Compostela.
Esta páxina web ten por fin dar a coñecer e permitir o acceso de todo usuario á información e servizos que ofrece o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela. A utilización desta páxina web implica a adhesión a todo o disposto neste aviso na versión existente na data de acceso a esta.
2. Propiedade intelectual e industrial
Todos os dereitos de propiedade intelectual dos contidos desta páxina web, o seu deseño gráfico e os seus códigos de fonte, son titularidade exclusiva do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, polo que lle corresponde unicamente a este os dereitos de explotación dos mesmos.
Queda prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación total ou parcial sen a expresa autorización do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, así como calquera outro acto que non fose expresamente autorizado por este.
3.Cláusulas de exención de responsabilidade
O presente sitio web ofrece información sobre a avogacía, programas e actividades realizadas por este colexio e información xurídica de utilidade para o cidadán e a sociedade en xeral. A dita información é de carácter xeral e non aborda circunstancias específicas relativas a persoas e organismos concretos que non formen parte da avogacía institucional. Tampouco ofrece asesoramento profesional ou xurídico.
O Colexio de Avogados de Santiago non asume ningunha responsabilidade nin garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter deste web, o cal poderá ser modificado sen previo aviso. Tampouco se responsabiliza dos eventuais erros tipográficos, formais e numéricos que poida conter.
Este Colexio non pode garantir que un documento dispoñible en liña reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente. Tanto no caso da lexislación pública nos respectivos Boletíns Oficiais, como no caso do resto das normas, resolucións e sentenzas, será o texto oficial impreso correspondente o válido en caso de diferenzas coa versión electrónica.
O Colexio de Avogados de Santiago non asume ningunha responsabilidade derivada da existencia de ligazóns entre os contidos deste sitio e contidos situados fóra deste, ou de calquera outra mención de contidos externos a este sitio. Tales ligazóns ou mencións teñen unha finalidade exclusivamente informativa e en ningún caso implican o apoio ás persoas ou entidades autoras de tales contidos ou titulares dos sitios onde se encontren.
4. Protección de datos
De conformidade co establecido na normativa vixente en protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento titularidade do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, co CIF Q1563003A e domicilio social na rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. En cumprimento da normativa vixente, o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela informa de que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir cos preceptos mencionados con anterioridade.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.
O Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela informa de que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. É por iso que o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela se compromete a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando non sexan exactos.
De acordo cos dereitos que lle confire o a normativa vixente en protección de datos, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, así como do consentimento prestado para o seu tratamento, dirixindo a súa petición ao enderezo postal indicado máis arriba ou ao correo electrónico st.gerente@icasantiago.org.
Á vez, informámolo/a de que pode contactar co delegado de protección de datos do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, dirixíndose por escrito ao enderezo de correo st.gerente@icasantiago.org ou ao teléfono 981581713. Poderá dirixirse á Autoridade de Control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.
Co envío do formulario de recollida de datos, vostede acepta a política de privacidade do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela.
5. Formularios cubertos por colexiados
Nos diferentes formularios encontrados neste sitio web, a identificación do usuario é plena, xa que é o propio colegiado o que, voluntariamente, introduce os seus datos nos nosos formularios.
Os tratamentos dos datos persoais que voluntariamente facilitase o usuario serán os necesarios para a petición dunha conta de correo, a xestión de préstamos e suxestións da biblioteca.
O Colexio de Avogados de Santiago é responsable do ficheiro de datos xerado cos datos de carácter persoal subministrados polos colegiados nos formularios. Os datos persoais recompilados non serán cedidos a terceiros, salvo nos supostos legalmente establecidos, e, de conformidade co establecido na normativa vixente en protección de datos de carácter persoal, este Colexio comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade
En calquera caso o usuario que figure na nosa base de datos poderá exercitar en todo momento os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación, dirixíndose a este Colexio.
6. Dereito aplicable
Para calquera controversia que se poida producir en relación con esta páxina, será de aplicación a lexislación española, e serán competentes para a resolución das citadas controversias os Tribunais de Santiago de Compostela.