-
11Nov
Circular informativa 17/2019
Rexistro de saída: 785
Data: 11.11.2019Publicación de convocatoria para a selección de catro letrados/as mediadores/as para o servizo de mediación intraxudicial familiar
A Xunta de Goberno, na sesión do pasado 07.10.2019, tomou o acordo de convocar o concurso de méritos para a selección de catro letrados/as mediadores/as encargados de prestar o servizo de mediación intraxudicial familiar que o Colexio de Avogados, xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, ofrecerán ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa consellería de Política Social.
Por medio desta circular faise público o texto íntegro da devandita convocatoria (PDF anexo), que se resume nos seguintes puntos:
-Número de postos: 4 letrados/as mediadores/as
-Funcións do posto: prestación do servizo de mediación intraxudicial familiar no ámbito territorial do ICA Santiago
-Requisitos e méritos: ver convocatoria anexa
-Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles dende a publicación da convocatoria
-Forma e lugar de presentación de solicitudes: por escrito na secretaría do ICA Santiago. A documentación que se achegue para xustificar requisitos e méritos deberá ser orixinal ou copia compulsada.
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno tamén aprobou o Protocolo de derivación de mediación intraxudicial familiar, mediante o cal se regulará a prestación deste servizo e o seu funcionamento, así como as prohibicións e incompatibilidades dos mediadores. O seu texto estará dispoñible para a consulta na secretaría do ICA Santiago.