-
09Dec
Eleccións á XUnta de Goberno 2022
-
25Nov
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL (2ª/2022)
Rexistro de saída: 1761
Data: 25.11.2022Día: 27.12.2022
Hora: 13.00 h
Lugar: salón de actos do ICA Santiago
-
28Out
Convocatoria de eleccións Xunta de Goberno: 22/12/2022
Rexistro de saída: 1636
Data: 28.10.2022Achegámosvos a convocatoria de eleccións á Xunta de Goberno do ICA de Santiago, que terán lugar o vindeiro 22 de decembro de 2022, xunto co calendario electoral cos prazos fixados para todo o proceso de eleccións.
Así mesmo, dende o día de hoxe queda exposto no taboleiro de anuncios do Colexio (sede principal, rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo) o censo electoral, que poderá ser consultado por todos os colexiados e colexiadas para, de ser o caso, presentar posibles reclamacións dentro dos cinco días seguintes á súa exposición.
Achégase:
-
13Set
Convocatoria Xunta Xeral Extraordinaria
Rexistro de saída: 1352
Data: 13.09.2022– Día: 04.10.2022
– Hora: 20.00 h (1ª convocatoria); 20:30 h (2ª convocatoria)
– Lugar: salón de actos do ICA Santiago (rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo)Orde do día:
Único. Aprobación, se procede, do novo estatuto colexial, adaptado ao Estatuto xeral da avogacía española (aprobado polo RD 135/2021 do 2 de marzo).
-
02Xuñ
Notifiación acordo Xunta de Goberno
Rexistro de saída: 0810
Data: 11.05.2022- Notifiación acordo Xunta de Goberno del 05/05/2022 – baixa colexial (Ver acordo SIGA/REGTEL)
-
02Xuñ
Renovación da póliza do seguro de responsabilidade civil
Rexistro de saída: 0920
Data: 02.06.2022– Anualidade do 01.07.2022 a 30.06.2023
– Subvencionada polo Colexio con 100.000 € por anualidade
O vindeiro 30.06.2022 ás 24 h vence a póliza do seguro de responsabilidade civil que este Colexio de Avogados como tomador ten contratado coa aseguradora Allianz a través da corretoría Aon para asegurar a responsabilidade civil dos nosos colexiados.
Durante os dous últimos meses mantivéronse negociacións con distintas aseguradoras e, tras estudar as ofertas presentadas, resultou máis vantaxosa en canto a coberturas e primas a de Allianz, ao manterse as mesmas condicións que na anualidade anterior sen ningún tipo de incremento na prima que lle corresponde a cada colexiado/a. En consecuencia, a Xunta de Goberno acordou a renovación da dita póliza con esta aseguradora por mediación de Aon
Circular informativa 11/2022 -
24Xan
Convocatoria electoral a Conselleiros e Conselleiras electivos
O Pleno do Consello Xeral da Avogacía Española, na súa sesión do 20 de xaneiro de 2022, adoptou o acordo de convocar eleccións para cubrir DEZ PRAZAS DE CONSELLEIRAS E CONSELLEIROS ELECTIVOS, PROFESIONAIS DA AVOGACÍA DE RECOÑECIDO PRESTIXIO CON MÁIS DE QUINCE ANOS DE EXERCICIO PROFESIONAL, PREVISTAS NO ARTIGO CEN DO ESTATUTO XERAL DA AVOGACÍA ESPAÑOLA ( EGAE), APROBADO POR REAL DECRETO 135/2021, DO 2 DE MARZO
-
24Xan
Convocatoria de Xunta Xeral 1ª/2022
Rexistro de saída: 0142
Data: 24.01.2022– Día: 08.03.2022
– Hora: 20.00 h
– Lugar: salón de actos do ICA Santiago -
15Dec
Notificación expediente disciplinario 04/2017
Rexistro de saída: 1923
Data: 15.12.2021- Acordo Xunta de Goberno levantamento da suspensión e execución da sanción (Ver acordo SIGA/REGTEL)
-
18Nov
Convocatoria de Xunta Xeral 2ª/2021
Rexistro de saída: 1762
Data: 18.11.2021– Día: 16.12.2021
– Hora: 20.00 h
– Lugar: salón de actos do ICA Santiago