-
18Nov
Notificación expediente disciplinario 04/2017
Rexistro de saída: 1748
Data: 17.11.2021- Notificación acordo execución de sanción – Expediente disciplinario 04/2017 – Acordo Xunta de Goberno (Ver acordo SIGA/REGTEL)
-
01Xuñ
Renovación da póliza do seguro de responsabilidade civil
Rexistro de saída: 0484
Data: 25.03.2021– Anualidade do 01.07.2021 a 30.06.2022
– Subvencionada polo Colexio con 100.000 € por anualidade -
25Mar
Convocatoria de Xunta Xeral 1ª/2021
Rexistro de saída: 0484
Data: 25.03.2021– Día: 19.04.2021
– Hora: 19.00 h
– Lugar: salón de actos da EGAP (rúa de Madrid, 2, Santiago)
-
01Dec
Convocatoria de Xunta Xeral 2ª 2020
Rexistro de saída: 1766
Data: 01.12.2020Día: 29.12.2020
Hora: 10.00 h
Lugar: salón de actos da EGAP (rúa de Madrid, 2, Santiago)De acordo co establecido nos artigos 88 e 91 do Estatuto do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela e segundo o acordo da Xunta e Goberno na sesión do 30.11.2020, convócase a Xunta Xeral (2ª de 2020) para o vindeiro 29 de decembro ás 10.00 h no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, conforme á seguinte orde do día:
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última xunta xeral
2. Exame e votación do orzamento para o exercicio 2021
3. Rogos e preguntasNota sobre o lugar de celebración: A Xunta de Goberno acordou levar a cabo a xunta xeral no salón de actos da EGAP, dada a súa capacidade, co fin de asegurar así o cumprimento das medidas de distanciamento entre as persoas asistentes.
-
12Mar
Comunicado urxente
Ante a excepcional situación socio-sanitaria que se presenta a consecuencia da propagación do coronavirus, a Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela vese na necesidade adoptar unha serie de medidas coa intención de evitar posibles contaxios entre o noso colectivo profesional e a cidadanía en xeral, todo isto co fin último de garantir a operatividade da nosa actividade colexial e de seguir ofrecendo os servizos prestados tantos aos colexiados como á cidadanía. Polas razóns expostas, acórdanse, con carácter temporal, ás seguintes medidas:
1. Suspéndese o servizo de préstamo de togas para as actuacións xudiciais.
2. As salas e dependencias colexiais destinadas a reunirse cos clientes permanecerán cerradas.
3. O servizo de orientación xurídica e de atención a solicitantes de xustiza gratuíta queda suspendido de forma presencial, pasando a prestarse de forma telefónica. Excepcionalmente, atenderanse de forma presencial aqueles supostos de urxencia que requiran a solicitude de suspensións de prazos procesuais, sempre tras solicitude de cita previa.
4. A atención ao colexiado tamén se realizará preferiblemente de forma telefónica ou telemática, evitando no posible acudir á sede colexial presencialmente.
5. Suspéndense todos os actos e xornadas colexiais (como xa se avanzou, non se realizará a conferencia do día 12 e queda tamén suspendida a xornada do día 31 sobre Baremo de tráfico, así como as clases de inglés).Ademais do anterior, dende o Consello Xeral da Avogacía Española estanse a realizar xestións e dirixindo diversos escritos ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Ministerio de Xustiza para que se proceda á suspensión das vistas sinaladas para as próximas semanas (achégase unha copia dos ditos escritos).
De todas as novidades que se vaian producindo, manterémosvos informados.
-
31Xan
Nota informativa: Enquisa Imelga
Estimados compañeiros e compañeiras:
A Xunta de Goberno, na sesión do pasado 23 de xaneiro, acordou levar a cabo unha enquisa entre todos e todas os compañeiros e compañeiras que teñan pendente a emisión dalgún informe en calquera dos xulgados adscritos á circunscrición do Imelga de Santiago de Compostela, coa finalidade de obter datos obxectivos sobre a importante demora que acumulan os equipos psicosociais do Imelga na emisión dos informes periciais dos asuntos de familia dos xulgados de Santiago de Compostela, Arzúa, Negreira, Ordes e Padrón.
Para isto necesitamos da vosa colaboración e agradeceriámosvos que respondésedes as preguntas formuladas na seguinte enquisa co fin de coñecer o verdadeiro alcance e as dimensións deste atraso.
Accede á enquisa dende aquí: Enquisa (dispoñible ata o 29 de febreiro)
-
10Xan
Convocatoria Xunta Xeral 1ª 2020
Rexistro de saída: 0017
Data: 09.01.2020Día: 29.01.2020
Hora: 20.00 h
Lugar: salón de actos do ICA de SantiagoDe acordo co establecido nos artigos 88 e 90 do Estatuto do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela e nos artigos 55 e seguintes do Estatuto xeral da avogacía española, a Xunta de Goberno, na sesión do día 07.01.2020, tomou o acordo de convocar a xunta xeral ordinaria (primeira de 2020) para o vindeiro 29 de xaneiro de 2020, ás 20:00 h, no salón de actos deste colexio, consonte a seguinte:
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última xunta xeral.
2. Recensións que realizará o decano sobre os acontecementos máis significativos que tiveron lugar o ano anterior en relación co colexio.
3. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio anterior.
4. Proposicións.
5. Rogos e preguntas.
6. Toma de posesión dos seus cargos respectivos, polos membros da Xunta de Goberno elixidos, e cesamento daqueles a quen corresponda saír. -
07Xan
Lista para actuar como contadores no 2020
Coma cada ano, no mes de xaneiro o Colexio de Avogados remite aos xulgados e tribunais unha lista actualizada con todos os colexiados dispostos a actuar como perito-contador (artigos 341.1 e 784.3 da LAC).
Por ese motivo, ábrese un prazo ata o día 22.01.2020 (14.00 h) para que os colexiados que non estean incluídos nestas listas do ano anterior poidan solicitar a súa incorporación.Os requisitos para poder acceder a estas listas son os seguintes:
- Ser letrado/a exercente e residente do ICA de Santiago.
– Posuír un mínimo de cinco anos de antigüidade no exercicio efectivo da avogacía.Elaborarase unha lista por cada partido xudicial (Santiago, Arzúa, Negreira, Ordes e Padrón). Os letrados só poderán incorporarse á lista do partido correspondente ao seu domicilio profesional.
As solicitudes deberán presentarse por escrito na secretaría do colexio antes do 22.01.2020, ás 14.00 h (correo electrónico, fax ou correo postal).
Por acordo da Xunta de Goberno, a nova lista que se remita aos xulgados será ordenada a partir dun sorteo que se levará a cabo na secretaría do colexio, e non por orde alfabética como se viña facendo. No artigo 341.1 da LAC establécese que “a primeira designación de cada lista efectuarase por sorteo […] e a partir dela efectuaranse as seguintes designacións por orde correlativa”. -
16Dec
Convocatoria eleccións á Presidencia do CXAE
-
12Dec
LETRADOS MEDIADORES NO SERVIZO DE MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL FAMILIAR
Rexistro de saída: 1037
Data: 12.12.2019Asunto: valoración de méritos