“Fai xustiza coa lingua”
Ano: 2007
Imaxe da campaña de fomento do uso do galego entre a avogacía, incluída no exemplar número 2 do mes de xullo da revista Avogacía Compostelá. O servizo de asesoramento lingüístico desenvolve diferentes actuacións dinamizadoras co fin de promover o uso da lingua galega no ámbito profesional da avogacía e da Xustiza en xeral.