Seminario: “Técnicas de escritura e composición de documentos xurídicos”
O Colexio de Avogados, a través do seu Servizo de Asesoramento Lingüístico, organiza este curso que ten como obxectivo adquirir as competencias básicas para desenvolver con éxito os actos comunicativos do ámbito profesional da avogacía.
- Días: 8, 10, 15 e 17 de novembro (martes e xoves)
- Horario: de 19.30 a 22.00 h
- Lugar: aula do ICA de Santiago
- Prazas: 20
- Duración: 10 horas
- Inscrición: ata o 7 de novembro de 2016 ás 14.00 h, na secretaría do ICA de Santiago ou no correo linguista@icasantiago.org
- Matrícula: gratuíta para colexiados do ICA de Santiago; 50 € para profesionais do dereito e outras persoas interesadas
- Imparte: Martín Ramos Insua, lingüista do ICA de Santiago
- Certificación: si, expedida polo ICA de Santiago e pola Xunta de Galicia (asistencia mínima 75 %)
Programa:
- Características da redacción xurídica tradicional / moderna
- Convencións e pautas estilísticas para a produción de textos xurídicos
- A composición do documento: parámetros e formatado no procesador de textos
- Referencias e modelos tipolóxicos para a elaboración de escritos